EU#CONSUMOLOCAL, EU#SONBOIRO
- A nova campaña da ABE xa está nas rúas de Boiro
- Os protagonistas son 8 persoas socias da entidade
- Conta cunha parte física e outra online
- En setembro terá continuidade dende a perspectiva do consumidor
Boiro 22 de abril de 2022
A patronal de Boiro lanza unha nova campaña de promoción empresarial na que os socios e socias da patronal Boirense son os protagonistas.
Dende hoxe e durante dous meses os rostros de oito socixs que representan ao colectivo van a estar moi presentes na vida diaria dos veciñx de Boiro xa que coa primeira parte desta campaña serán 50 pancartas, 2 monolitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro nos recordarán cales son os beneficios de consumir no pobo.
En palabras do presidente da ABE, Daniel García, “A campaña denominada EU #consumolocal , EU #sonboiro ten como obxectivo concienciar á cidadanía dos beneficios de mercar en Boiro”
Os protagonistas e as frases
- Porque somos profesionais e ofrecemos asesoramento especializado.
BEGOÑA , SOCIA ABE, SECTOR COMERCIO
- Porque cos negocios abertos Boiro é seguro, luminoso e ten máis vida.
JUÁN JOSÉ, SOCIO ABE, SECTOR HOSTALERÍA
- Porque os nosos produtos frescos e de tempada son sinónimo de calidade.
CARLOS, SOCIO ABE, PRAZA DE ABASTOS
- Porque nos axudas a xerar emprego e nos das a posibilidade de que poidamos vivir e traballar no pobo.
OSCAR , SOCIO ABE, SECTOR TRANSPORTE
- Porque colaboramos coas actividades deportivas, sociais e culturais do pobo.
TAMARA, SOCIA ABE, SECTOR SERVIZOS
- Porque favoreces a compra racional, axudas a manter unha economía sostible e coidas o medio ambiente.
NURIA, SOCIA ABE, SECTOR CONSTRUCIÓN
- Porque aforras tempo e podes dedicarllo aos que máis queres.
ROSA, SOCIA ABE, SECTOR HOSTALERÍA
- Porque contamos con artigos especializados que aportan exclusividade
SILVIA, SOCIA ABE, SECTOR COMERCIO
Parte online
García explicou que “ En paralelo á parte física existe unha parte online na que cada semana farase unha publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e no mes de maio lanzarase un vídeo protagonizado por estes mesmos oito socixs que será o punto forte da parte máis dixital da campaña”
Segunda parte da campaña
Esta campaña é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade no mes de setembro co lanzamento dunha segunda parte da campaña esta vez protagonizada polos clientes, serán eles quen nos dean o seu punto de vista sobre o comercio local e as súas motivacións para mercar en Boiro.
Á presentación realizada hoxe asistiron ademais do predidente da ABE, o vicepresidente da entidade, Javier Caamaño, o Alcalde de Boiro, José Ramón Romero e o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo que reiteraron o apoio do concello á ABE en materia de promoción comercial e ofreceron de novo máxima colaboración para as actividades desarrolladas polo colectivo.